Hoxe 14-7-08 fun ó meu médico de cabeceira no centro de saúde de Culleredo e díxome que tiña que pedir cita no servicio de radiodiagnóstico do Ventorrilo para unha simple Ecografía.Chamei ó Centro do Ventorrillo e a rapaza que me atendía, despois de moito buscar díxome que sendo preferente tiña para o 5 de Novembro.Pregunteille onde podía presentar unha reclamación, porque parece que é o único que pode facer que o sistema sanitario non empeore aínda máis.Así que como non quero ir ó Ventorrillo envíolla a vostedes directamente.Asimesmo, non quero que pensen que é unha cuestión ideolóxica, dame igual quen goberne e o único que me importa é o servicio que temos os cidadáns.Que segue sendo igual de malo que cando gobernaba o PP.Ou peor, porque eu esperaba máis.E non intenten vendernos con publicidade mentiras, porque a min dame igual.De feito a miña publicidade,esta queixa,vouna poñer no meu web ring.Si queren poden vela en http://casanoia.blogspot.com e webs enlazadas.Non quero pensar que pasaría si pedira un TAC
Moitas gracias pola súa atención.
segunda-feira, 14 de julho de 2008
terça-feira, 24 de junho de 2008
Joaquín Vieta
Sería fermoso ver ó Joaquín Vieta navegar outra vez pola ría, con base en Testal, facendo rotas ata Muros levando nenos e turistas.Ensinarlles a cultura mariñeira, como traballaban os nosos avós.Eu penso que sería moi rendible, simplemente si non producira gastos e habería grandes beneficios sociais e culturais.Por non falar do turismo que atraería.Penso que é posible, si hai cartos para outras cousas tamén ten que habelos para isto.Noutros lugares poder navegar nun barco orixinal é un plus para atraer á xente.Nós non temos que comprar un submariño,nin irnos a Dinamarca a compralo, ESTA AÍ, na porta da casa, no Malecón.
http://singraduradarelinga.blogspot.com/2007/10/asociacin-joaqun-vieta.html
http://singraduradarelinga.blogspot.com/2007/10/asociacin-joaqun-vieta.html

Casa vendida, casa comprada
Este blog creeino en principio para axudar na venta da nosa casa de Noia.Como xa se fixo e xa estamos comprando outra, tentarei adicalo a todo o que teña que ver con Noia,aínda que xa non viva alí.
Para empezar, e xa que non hai páxina web do Concello recomendarei o blog do alcalde,por aquelo de que hai opinións diversas, contra o que poda parecer, sobre todo o que acontece no pobo.
http://rafaelgarciaguerrero.blogspot.com/
E sigo dándolle a matraca, para cando o buque escola Joaquín Vieta?
Por favor, Rafa, mira os enlaces do blog.Gracias
Para empezar, e xa que non hai páxina web do Concello recomendarei o blog do alcalde,por aquelo de que hai opinións diversas, contra o que poda parecer, sobre todo o que acontece no pobo.
http://rafaelgarciaguerrero.blogspot.com/
E sigo dándolle a matraca, para cando o buque escola Joaquín Vieta?
Por favor, Rafa, mira os enlaces do blog.Gracias
sábado, 15 de dezembro de 2007
Assinar:
Comentários (Atom)




