segunda-feira, 14 de julho de 2008

Queixa ó SERGAS a través do web.Alguén a lera?

Hoxe 14-7-08 fun ó meu médico de cabeceira no centro de saúde de Culleredo e díxome que tiña que pedir cita no servicio de radiodiagnóstico do Ventorrilo para unha simple Ecografía.Chamei ó Centro do Ventorrillo e a rapaza que me atendía, despois de moito buscar díxome que sendo preferente tiña para o 5 de Novembro.Pregunteille onde podía presentar unha reclamación, porque parece que é o único que pode facer que o sistema sanitario non empeore aínda máis.Así que como non quero ir ó Ventorrillo envíolla a vostedes directamente.Asimesmo, non quero que pensen que é unha cuestión ideolóxica, dame igual quen goberne e o único que me importa é o servicio que temos os cidadáns.Que segue sendo igual de malo que cando gobernaba o PP.Ou peor, porque eu esperaba máis.E non intenten vendernos con publicidade mentiras, porque a min dame igual.De feito a miña publicidade,esta queixa,vouna poñer no meu web ring.Si queren poden vela en http://casanoia.blogspot.com e webs enlazadas.Non quero pensar que pasaría si pedira un TAC
Moitas gracias pola súa atención.

Um comentário:

Pilotinho disse...

Hoxe 2 de Setembro finalmente fixéronme a dichosa ecografía.A semana pasada recibín unha misteriosa chamada que me indicaba que era pouco menos que un privilexiado, que se tramitara a miña queixa a traverso de Vicepresidencia, de Benestar e ante a miña negativa insistiu e convenceume.Que estaban dando cita para o 2009.Así que fun.Moi ben, só me chamou atención que hai xente que logo non aparece ás probas, non sei si porque xa finaron...non teño nada, aparentemente.